A CNMC obriga a Orange a subministrar 4G a MasMóvil

martes, 5 de maio do 2015 Marcus Fernández

A Comisión Nacional do Mercados e a Competencia (CNMC) decidiu obrigar a Orange a dar acceso de xeito cautelar á súa rede 4G ao operador MasMóvil ante un “claro incumprimento” das obrigas contractuais de Orange, en particular na provisión do acceso maiorista 4G en prazos razoables. Deste xeito Orange deberá presentar unha oferta maiorista completa adaptada á estrutura de MasMóvil nun prazo de 10 días.
MasMóvil solicitara o acceso á rede 4G de Orange en maio de 2013, e ante a falta de respostas, a compañía recorreu ante a CNMC en novembro de 2014, ao que a Comisión respondeu establecendo que “os OMV poidan solicitar actualmente a calquera do operadores móbiles de rede declarados con poder significativo de mercado o acceso ao servizos 4G” en vista de que levaban un tempo comercializando servizo 4G a usuarios finais, e que esta prestación estaba a converterse nun elemento diferenciador das ofertas.

PUBLICIDADE