A CNMC retira a regulación da competencia na telefonÃa fixa
martes, 30 de decembro do 2025
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) acordou retirar a regulación nacional do mercado maiorista de terminación de chamadas en redes fixas, ao considerar que xa non existen riscos efectivos para a competencia nin para os usuarios finais neste ámbito. A decisión, recollida no expediente ANME/DTSA/001/25, suporá o levantamento das obrigas ás que estaban sometidos os operadores nun prazo máximo de seis meses.
O servizo de terminación fixa é o que permite completar chamadas entre operadores distintos, de maneira que o operador que inicia a chamada paga unha tarifa ao operador da rede fixa que a recibe. Trátase dun mercado no que todos os operadores actúan simultaneamente como provedores e clientes, xa que cursan e reciben chamadas de terceiros.
No seu informe, a CNMC constata un descenso continuado do uso da telefonÃa fixa. Desde 2020, o tráfico de chamadas reduciuse arredor dun 65 % no segmento residencial e preto dun 35 % no empresarial. Esta caÃda tradúcese tamén nunha diminución dos ingresos medios por liña, que pasaron de 3,39 a 1,96 euros mensuais. No conxunto do tráfico de voz, incluÃndo fixo e móbil, a telefonÃa fixa representa na actualidade apenas o 7,4 % do total.
En termos de cota de mercado por volume de tráfico, Telefónica mantén a primeira posición cun 41 %, seguida de MasOrange cun 29 %. A pesar de que cada operador actúa como monopolista dentro da súa propia rede, a CNMC conclúe que non existe risco de prezos excesivos no mercado maiorista, xa que a Unión Europea fixa un prezo máximo común para todos os Estados membros.
En concreto, o Regulamento Delegado (UE) 2021/654 establece un lÃmite de 0,07 céntimos de euro por minuto para a terminación de chamadas fixas en toda a UE, o que reduce significativamente a necesidade de intervención regulatoria a nivel estatal. Ademais, o organismo regulador considera pouco probable que se produzan outras prácticas anticompetitivas, como a denegación de acceso ou a aplicación de condicións discriminatorias. No caso hipotético de que se detectasen, a CNMC lembra que dispón de ferramentas como a resolución de conflitos ou a imposición de obrigas simétricas para corrixilas.
Tras analizar as achegas recibidas na consulta pública e as observacións formuladas pola Comisión Europea, a CNMC opta asà por desregular este mercado, nun contexto marcado pola perda de relevancia da telefonÃa fixa e pola existencia dun marco europeo harmonizado que limita os prezos maioristas.
