A Cámara da Coruña programa media ducia de cursos TIC para a mocidade
martes, 9 de xaneiro do 2024
Co
inicio do novo ano, a
Cámara e A Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á
mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que
lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu
acceso ao mercado laboral. Todas estas actividades están
subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade
cameral, que informa que os cursos foron elaborados “para responder
ás necesidades reais das empresas”.
Na
listaxe inclúense varias actividades formativas relacionadas coa
transformación tecnolóxica: o curso de Excel e Power BI (de
principiante a avanzado), que se desenvolve do 22 de xaneiro ao 22 de
marzo; o curso de MOS (Microsoft Office Specialist),
que se celebra do 29 de xaneiro ao 12 de abril; o de Deseño e
desenvolvemento de videoxogos (do 29 de xaneiro ao 9 de abril), o
de Visual Merchandising (do 19 de febreiro ao 25 de abril), o
de Xestión de redes sociais, Canva e creación de fotos
para redes (do 21 de febreiro ao 30 de abril), o de Deseño 3D
(do 10 de abril ao 13 de xuño) e a segunda quenda do curso de
Excel e Power BI (de principiante a avanzado, entre o 24 de abril
e o 27 de xuño.
Podemos
consultar todo
o catálogo de formación en liña ao completo na web da Cámara,
ademais de facer as nosas inscricións.
O
programa de cursos enmárcase no Programa Integral de Cualificación
e Emprego (PICE), que é un dos instrumentos que articulan en España
o Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo para
apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a
súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.