A II Xornadas da Mocidade Galega achegaranse á Nación 2.0

luns, 4 de abril do 2011 Marcus Fernández

Entre os días 12 e 14 de abril terán lugar en Compostela as II Xornadas da Mocidade Galega baixo o lema de A Nación 2.0, que repartirán as súas actividades entre as facultades de Ciencias da Comunicación e Ciencias Políticas e Sociais, agrupando unha serie de actividades formativas e de lecer dirixidas á mocidade, sendo posible inscribirse nas mesmas ata o 11 de abril a través da web.
As actividades tamén terán unha segunda parte que terá lugar os días 29 e 30 de abril en Castrelo de Miño e Ribadavia, para á que hai limitación de prazas (50) e que por 20 euros inclúe desprazamento, manutención e aloxamento.
Na primeira parte das actividades podemos destacar que o día 12 na Facultade de Ciencias da Comunicación, de 18:15 a 19:45 horas Silvio Falcón, da Asociación Alba e Groria, impartirá un relatorio titulado Internacionalización do galego: o papel da Rede, mentres que na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais terán lugar varias mesas redondas relativas á Sociedade da Información:

MÉRCORES 13
16:00- 17:30. Xornalismo, comunicación e cidadanía. A revolución 2.0?
· Silvia Carregal (Xornal de Galicia)
· Luis Álvarez Pousa (profesor USC e director de Tempos Novos).
· Xan Codesido (Colexio de Xornalistas de Galiza).
17:30-19:00. ¿Atrapad@s na rede?
· Pablo Belay. Chuza!
· María Yáñez. A Navalla Suiza.
· Ánxel Folgueira. Cabozo

XOVES 14 DE ABRIL
12:00-14:00. Dereito de informacion ou espionaxe? O caso de Wikileaks
· Xoán Antón Pérez Lema, avogado.
· Representante do Movemento polos Dereitos Civís
· Diego Ferreiro. Grupo de Seguridade da información da Coruña.

10:00-12:00. E-goberno e democracia participativa. Cara un novo modelo de gobernanza.
· Francisco Martínez Hidalgo- Profesor da USC.
· Xoán Carlos Bascuas- Executiva Nacional BNG.
· Ana Luisa Bouza- Deputada no Parlamento Galego.