A LaconNetwork celebrarase o vindeiro venres en San Vicente do Mar

martes, 21 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Os encontro gastronómico de emprendedores e profesionais do sector TIC galego, LaconNetwork, continúa a elixir localizacións costeiras como xeito de adaptarse ao verán, e o vindeiro venres celebrará a súa 63ª edición en El Náutico de San Vicente do Mar (O Grove).
O evento botará a andar ás 14:00 horas con Raúl Baltar Estévez, socio e promotor de Avalanza, proxecto que busca captar e desenvolver o talento de persoas innovadoras e emprendedoras a nivel internacional baixo principios éticos e socialmente responsables.
Para asistir a esta edición da LaconNetwork será preciso inscribirse en liña e abonar os 20 euros correspondentes ao xantar.