A LaconNetwork trasládase este mes á Cidade Universitaria de Vigo
xoves, 16 de febreiro do 2012
O venres 24 de febreiro a Cidade Universitaria de Vigo
acollerá unha nova edición da LaconNetwork, evento que xunta a numerosos
emprendedores tecnolóxicos de Galicia para compartir un xantar como desculpa
para establecer relacións entre eles e favorecer o xurdimento de sinerxÃas.
Este encontro comezará ás 12:00 horas e terá como preludio do xantar un breve
relatorio de Miguel Silva, co fundador do fabricante de electrónica de consumo
Blusens, que levará por tÃtulo Where is
my crispy Bacon?.
Para coñecer máis detalles sobre os asistentes a este encontro tecnolóxico pode
visitarse o seu
evento en Facebook, sendo precisa a inscrición previa para poder
acudir ao mesmo. O prezo do xantar que haberá que pagar de xeito anticipado
será de 20 euros/persoa.