A Mega Drive Mini confirma o seu futuro catálogo de xogos

martes, 4 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Dentro da actual febre polas consolas retro de tamaño reducido levamos meses escoitando falar da futura Mega Drive Mini, que verá a luz o 19 de setembro incluíndo 40 xogos precargados, 2 mandos e cables USB e HDMI, e da que foron dando a coñecer os seus xogos paulatinamente até completarse o seu catálogo con varios dos xogos máis relevantes da plataforma, como son Tetris, Virtua Fighter 2, Columns e Strider.
Curiosamente a listaxe completa de xogos finalmente non sería de 40, xa que Tetris e Darius estarían fóra da conta e consideraríanse títulos adicionais (polo que podemos entender que conseguiron os permisos para a súa incorporación nos últimos días, contribuíndo a dar un empurrón a un produto que vai telo moi difícil unha vez que o público pasou a ver con realismo moitas destas máquinas (o que provocou, por exemplo, o rotundo fracaso da PlayStation Classic (que tivo que reducir drasticamente o seu prezo para evitar a acumulación de existencias nas tendas).
Os 42 xogos que incluirá a Mega Drive Mini serán os seguintes: Sonic The Hedgehog, Ecco the Dolphin, Castlevania: The New Generation, Space Harrier 2, Shining Force, Dr. Robotnik’’s Mean Bean Machine, ToeJam & Earl, Comix Zone, Altered Beast, Gunstar Heroes, Castle of Illusion Starring Mickey Mouse, World of Illusion Starring Mickey Mouse and Donald Duck, Thunder Force III, Super Fantasy Zone, Shinobi III, Streets of Rage 2, Earthworm Jim, Sonic The Hedgehog 2, Probotector, Landstalker, Mega Man: The Wily Wars, Street Fighter II: Special Champion Edition, Ghouls ‘n Ghosts, Alex Kidd in the Enchanted Castle, Story of Thor, Golden Axe, Phantasy Star IV: The End of the Millennium, Sonic The Hedgehog Spinball, Vectorman, Wonder Boy in Monster World, Tetris, Darius, Road Rash II, Strider, Virtua Fighter 2, Alisia Dragoon, Kid Chameleon, Monster World IV, Eternal Champions, Columns, Dynamite Headdy e Light Crusader.
O seu prezo oficial de lanzamento é de 79,99 euros, aínda que en varios establecementos venden a consola en reserva por 76,99 euros.

JPEG - 141.3 KB
<em<Virtua Fighter 2 é un dos xogos de loita de referencia para Mega Drive
JPEG - 128.9 KB
Columns, un dos xogos máis icónicos de SEGA, estará dispoñible na nova Mega Drive Mini

PUBLICIDADE