A Mesa do Audiovisual Galego pide explicacións sobre a futura transformación dos medios públicos galegos
mércores, 21 de agosto do 2024
O mes pasado o Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que pretende remitirse ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación no último cuadrimestre do ano, e que suporÃa a transformación da CRTVG na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) como reacción á transformación que está a experimentar o sector audiovisual dende o punto de vista dos consumidores (que abandonan os medios tradicionais en favor de plataformas dixitais).
Pero esta transformación dos medios públicos galegos non está a agradar á Mesa do Audiovisual Galego (da que forman parta a Academia Galega do Audiovisual, o Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, o Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, a Asociación Sindical Galega de Guionistas, o Clúster Audiovisual Galego e a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema), que amosa a súa preocupación polo borrador do anteproxecto, actualmente en perÃodo de suxestións, por considerar que inclúe elementos que na súa formulación actual implicarÃan un rexeitamento frontal do sector audiovisual galego no seu conxunto.
A Mesa do Audiovisual Galego salienta que ningunha das súas asociacións foi interpelada no perÃodo de consulta previo á elaboración do texto, do que non souberon até a súa publicación; critica que o novo anteproxecto queira substituÃr a unha lei aprobada en 2011 que aÃnda non rematou de desenvolverse (e deixando fóra elementos chave como o Estatuto Profesional e o Consello de Informativos) e reformule o principio fundacional da CRTVG respecto a promoción da lingua galega ao abrirse a contidos en español.
O comunicado da Mesa persegue unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia para abordar este cambio lexislativo que afectará profundamente ao sector audiovisual galego.