A OlimpÃada Informática Galega 2024 xa ten gañadores: o ferrolán Pedro Rey Anca e o vedrés Hugo DomÃnguez Conde
luns, 5 de febreiro do 2024
Como xa adiantamos dende Código Cero, o pasado sábado 3 de febreiro celebrábase a OlimpÃada Informática Galega 2024 (OIG 2024) na Escola Superior de EnxeñarÃa Informática do Campus de Ourense da UVigo. Dicir que detrás deste evento atopamos ao Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UVigo, UDC e USC) e máis o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.
Indo ao certame en cuestión, informar que participaron 26 estudantes de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de quince centros educativos e residentes na Coruña (4 participantes), Vigo (2), Ribeira (1), Ames (1), Santiago de Compostela (5), Brión (2), Negreira (1), Narón (1), O Barco de Valdeorras (2), Teo (1), Burela (1), Ferrol (1), O Porriño (1), Redondela (1), Vedra (1) e Allariz (1).
Os gañadores foron, en primeira posición, Pedro Rey Anca, natural de Ferrol e estudante de 2º de Bacharelato do IES Saturnino Montojo de Ferrol; e no segundo posto Hugo DomÃnguez Conde, de Vedra e estudante de 1º de Bacharelato do CPR Manuel Peleteiro de Santiago.
En canto aos premios, foron os seguintes:
-1º clasificado: Pedro Rey Anca. IES Saturnino Montojo – Ferrol (2º de Bacharelato. Residente en Ferrol). 400 euros e asistencia á XXVIII OlimpÃada Informática Española.
-2º clasificado: Hugo DomÃnguez Conde. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (1º de Bacharelato. Residente en Vedra). 300 euros e asistencia á XXVIII OlimpÃada Informática Española.
-3º clasificado: Juan Pablo Pardo Pérez. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (2º de Bacharelato. Residente en Santiago). 250 euros.
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro – Burela (1º de Bacharelato, Residente en Burela). 200 euros.
-5º clasificado: Miguel Pérez Barreiro. IES Politécnico de Vigo – Vigo (4º da ESO. Residente en Vigo). 200 euros.
-5º clasificada: Isabel Villar GarcÃa. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (2º de Bacharelato. Residente en Teo). 200 euros.
-Mellor rapaza clasificada: Isabel Villar GarcÃa. CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (2º de Bacharelato. Residente en Teo). 150 euros.
-Mellor estudante da ESO: Miguel Pérez Barreiro. IES Politécnico de Vigo – Vigo (4º da ESO. Residente en Vigo). 150 euros.
Cómpre engadir que os dous primeiros clasificados na OIG 2024 acceden de xeito directo á fase nacional da XXVIII OlimpÃada Informática Española (OIE), que se celebrará do 15 ao 17 de marzo na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa Informática da Universidade de Sevilla. De aÃ, os gañadores poderán acceder á 36ª OlimpÃada Internacional de Informática, que se celebrará en Exipto no mes de setembro.
A OIG 2024 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Amazon AWS, Apser, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas. Con posterioridade, celebrarase un acto de entrega de premios (data pendente de confirmar).