A PS Store inicia as súas rebaixas de xaneiro

venres, 21 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Hoxe botaron a andar as rebaixas de Nadal de PlayStation, dispoñibles en tendas físicas, pero a PlayStation Store tamén ten rebaixas de seu, que rematarán o a primeiros de xaneiro. Temos así que até o 4 de xaneiro poderemos mercar Call of Duty: Black Ops 4 por 45,49 euros e a edición de luxo de God of War por 29,99 euros (26,49 euros para subscritores de PS Plus); Fortnite – Standard Founder’s Pack custará 19,99 euros e Marvel’s Spider-Man 39,99 euros até o 7 de xaneiro; xa até o 11 de xaneiro teriamos FIFA 19 a 34,99 euros, Assassin’s Creed Odyssey a 34,99 euros, Battlefield V a 34,99 euros e NBA 2K19 a 39,99 euros; e até o 18 de xaneiro teremos The Sims 4 e Tom Clancy’s The Division por 9,99 euros, Resident Evil 7 por 14,99 euros e Tekken 7 e Gran Turismo Sport por 19,99 euros.
Pero os citados non son os únicos xogos de oferta, senón que hai máis de dous centos títulos rebaixados estes días, para que as festas de Nadal non sexan unha barreira para ampliar a colección dixital de xogos. Temos así unha boa oportunidade para facerse con xogos como Shadow of the Tomb Raider (que parte dos 31,49 euros), Soulcalibur VI, Just Cause 4 (que parte dos 51,49 euros), Horizon Zero Dawn (que véndese por a partires de 15,99 euros) e moitos outros xogos.

PUBLICIDADE