A PlayStation 4 estrea liña económica de xogos

mércores, 18 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Tal e como anunciou Sony hai cousa dun mes, xa están aquí os PlayStation Hits, unha nova familia de xogos para PlayStation 4 que poderían considerarse imprescindibles e que por iso ofértanse a un prezo de 19,99 euros tanto en formato físico como na PlayStation Store.
Esta nova colección de títulos de PS4 estréase ao grande con máis de 20 xogos e prometendo a incorporación de máis cada pouco tempo, e incluso conta cun lote de consola PS4 cun disco duro de 1 TB e 3 dos xogos máis representativos da colección (Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, Ratchet & Clank e The Last of Us Remasterizado).
Aparte dos tres títulos mencionados, entre os PlayStation Hits tamén están Bloodborne, Driveclub, inFAMOUS Second Son, Killzone Shadow Fall, LittleBigPlanet 3, Need For Speed, Need For Speed Rivals, EA Sports UFC 2, Yakuza Zero, Earth Defense 4.1: The Shadow of New Despair, Project CARS, Dragon Ball Xenoverse, Dynasty Warriors 8: Xtreme Legends Complete Edition, Watch_Dogs, Assassin’s Creed IV Black Flag, Rayman Legends, Mortal Kombat X, Batman Arkham Knight e La Tierra Media: Sombras de Mordor.

Vídeo promocional dos PlayStation Hits

PUBLICIDADE