A PlayStation 5 poderÃa chegar ao mercado en unidades bastante limitadas
xoves, 16 de abril do 2020
Cando
a COVID-19 comezou a azoutar terras chinesas chegaron os primeiros rumores de
que a PlayStation 5 poderÃa ter problemas para chegar ao mercado na campaña de
Nadal por mor dos problemas na cadea de subministro, pero a
situación é moito máis complexa se atendemos á información publicada por Bloomberg,
medio que asegura que Sony está a limitar a produción inicial da futura consola,
non por limitacións técnicas ou loxÃsticas, senón polo elevado prezo da máquina
e a situación económica na que a pandemia deixará ao mercado.
Ao parecer Sony estarÃa a traballar nun escenario no que a produción de
consolas PlayStation 5 até marzo de 2021 fose de entre 5 e 6 consolas, mentres
que a PlayStation 4 conseguiu vender 7,5 millóns de unidades nos seus dous
primeiros trimestres, o que leva a pensar que a PlayStation 5 vai chegar en
unidades bastante limitadas e cun prezo máis preto do 600 euros que dos 400
euros, o que claramente serÃa un atranco para unhas boas vendas iniciais.
O volume da produción das novas consolas dependerá moito de como evolucione a
situación da pandemia, e incluso os plans de promoción da PS5 están a verse
frustrados, xa que non poderán realizar unha grande presentación pública na que
anunciar o deseño da consolas e detallar a data de lanzamento e o prezo, tendo
que conformarse con accións máis modestas, como a
presentación do mando DualSense.
Dende Bloomberg aseguran que o lanzamento da PS5 e a Xbox Series X poderÃa
chegar a realizarse vendendo ambas consolas a perdas, precisamente para evitar
que teñan prezos desproporcionados, polo que de chegar ambas a un prezo duns
500 euros poderÃa facernos entender que simplemente non queren dar unha vantaxe
á competencia, e prefiren ir tomando posicións cara a unha vindeira xeración de
consolas que tardará bastantes meses en madurar, xa que vai chegar nunha
conxuntura económica pouco propicia.
Tampouco debemos obviar o feito de que a pandemia vaia ter un impacto
importante na fabricación das consolas (a distintos niveis) e incluso no desenvolvemento
dos primeiros xogos, polo que o calendario de lanzamentos que tiñan previsto
inicialmente non poderá cumprirse, e moitos tÃtulos previsto para o lanzamento
de ambas consolas non poderán estar rematados até ben avanzado 2021.