A UDC xunta directivos de LinkedIn e BBVA para falaren das TIC como palestra profesional
martes, 28 de xuño do 2016
O Consello
Social da Universidade da Coruña vai organizar este 4 de xullo unha
xornada sobre as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxÃas para
o desenvolvemento profesional e a potenciación do talento. Neste
encontro entre profesionais e membros da comunidade académica e
estudantil contarase coa experiencia de directivos de LinkedIn España
e do Centro de Innovación do BBVA. O evento, que será inaugurado
polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello
Social, Antonio Abril AbadÃn; e o vicerreitor de PolÃtica
CientÃfica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández,
desenvolverase o vindeiro luns 4 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas e
de 16.30 a 19.45 horas, no Paraninfo do Reitorado, sito na
Maestranza.
Baixo o tÃtulo A
xestión do talento ante a nova era dixital, a xornada inclúe
tres relatorios centrados nas relacións profesionais, a economÃa
colaborativa e a importancia de diferenciarse a través da capacidade
e do potencial profesional. Pola tarde, desenvolverase un obradoiro
no que os asistentes poderán aprender diferentes técnicas para
aplicar no seu desenvolvemento.
O programa da xornada
conta con profesionais tan sobranceiros como Ignacio Villoch Bayod,
director de Eventos do Centro de Innovación do BBVA; Juan Carrillo
GarcÃa, director de contas globais en LinkedIn España e Portugal;
José Manuel Casado González, presidente de 2C Consulting; e Eladio
GarcÃa Torres, co-fundador e director executivo de Lance Talent. A
participación na xornada é totalmente gratuÃta, previa
confirmación de asistencia en secretaria.csocial@udc.es até o
vindeiro xoves 30 de xuño.