A Xunta aproba o Plan de Banda Larga 2020
xoves, 1 de outubro do 2015
O
Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan de Banda Larga de Galicia 2020,
asumindo asà os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir
unha cobertura de banda larga de, cando menos, 30 Mbps para a totalidade da poboación
e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100
Mbps. Para acadar estes obxectivos serán chave os despregamentos de infraestruturas
de telecomunicacións realizados pola Xunta
nos últimos cinco anos, que permitiron universalizar
o acceso á banda larga de cando menos 2 Mbps e que a metade da poboación dispoña
da posibilidade de acceso a redes de nova xeración de ata 200 Mbps.
A rápida evolución das tecnoloxÃas require, ademais dunha cobertura universal, velocidades
de banda larga moito máis elevadas para garantir o acceso e o emprego de novos e
cada vez máis sofisticados servizos dixitais, de aà a necesidade da posta en marcha
o Plan de Banda Larga 2020, que mobilizará 46 millóns de euros, entre financiamento
público e privado. A este orzamento engádese o investimento previsto polo Estado
de 44 millóns de euros en Galicia dentro do Programa de Extensión da Banda
Larga de Nova Xeración, que xunto co investimento privado inducido por esta medida,
suporán máis 100 millóns de euros de en cinco anos no impulso, e o despregamento
e adopción de redes ultrarrápidas en Galicia .
O plan da Xunta establece un conxunto de medidas en tres itinerarios: innovación,
eficiencia e intelixencia.
Innovación
O primeiro itinerario recolle as accións orientadas á planificación,
modernización e ampliación das infraestruturas de redes ultrarrápidas, para
promover o acceso á banda larga de alta velocidade para todos.
A primeiros de 2016 abrirase a primeira convocatoria pública para incentivar os
despregamentos de redes de 100 Mbps co obxectivo de que en 2020 dispoñan destes servizos todos os núcleos de máis de 500 habitantes, o 60% da
poboación da Comunidade. O plan dotará tamén de redes ultrarrápidas destas velocidades
o 55% dos polÃgonos e parques empresariais (un total de 91), o que supón case o
90% da superficie empresarial ocupada en áreas empresariais de Galicia.
A seguinte convocatoria estará destinada aos despregamentos de redes de 30 Mbps
para conseguir que a práctica totalidade da poboación (96 %) e todos os polÃgonos
e parques empresariais dispoñan desta cobertura de banda larga ultrarrápida.
Para o 4 % restante, a porcentaxe de poboación das zonas máis illadas da Comunidade,
executaranse medidas de apoio para que poidan acceder vÃa satélite.
Eficiencia
O segundo dos itinerarios do plan abarca o desenvolvemento de
actuacións que faciliten a coordinación dos axentes implicados para garantir
unha rápida e ampla extensión de redes de banda larga de alta velocidade.
Entre as actuacións previstas están a definición dun modelo de
ordenanza municipal de telecomunicacións que promova a homoxeneidade e simplificación
dos trámites necesarios nos despregamentos; a elaboración dunha serie de recomendacións
comúns para a inclusión das infraestruturas de banda larga nos instrumentos de planeamento
urbanÃstico, asà como a posta a colaboración co resto de administracións públicas
para a identificación centralizada das infraestruturas útiles para os despregamentos
de redes.
Intelixencia
O terceiro itinerario oriéntase estimular a demanda de servizos
de banda larga incrementando asà o número de usuarios conectados á rede.
Deste xeito, en aliñamento coa estratexia de inclusión dixital, impartiranse cursos
formativos especÃficos para aumentar a capacitación dixital da cidadanÃa e empresas.
E, pola súa vez, continuaranse a desenvolver actuacións de sensibilización e difusión
sobre a utilidade dos servizos de banda larga, asà como de impulso ao desenvolvemento de servizos e solucións dixitais atractivas para
os usuarios.
Declaracións do presidente da Xunta
O presidente da Xunta explicou que continuar mellorando as
condicións de acceso dos galegos á banda larga é un dos máis importantes
compromisos do Goberno autonómico no eido das tecnoloxÃas. AsÃ, despois do
esforzo histórico realizado para estender a banda larga ao conxunto dos
galegos, agora búscase ir máis alá porque, segundo Núñez Feijoo, ese compromiso
non só pode medirse na cantidade de persoas que teñen acceso a banda larga,
senón tamén na calidade dese acceso.
Para o titular do Goberno galego, os últimos anos foron fundamentais para dar
un salto cualitativo importante no que atinxe á cantidade de galegos con acceso
a banda larga. De feito, da situación que habÃa a principios de 2009, con máis
de 786.000 galegos sen acceso a Internet, pasouse a que a práctica totalidade
dos galegos, dos servizos públicos e os parques empresariais de Galicia conten
con acceso de polo menos 2 Mbps de velocidade a través de redes fixas, sen fÃos
ou vÃa satélite.
Núñez Feijoo puxo en valor asà o traballo dos últimos cinco anos pero fixo
fincapé na importancia de seguir traballando para garantir a máxima calidade do
acceso á banda larga, algo que garantirá o Plan aprobado hoxe, a través do
cal se asumen os compromisos de dar cobertura de banda larga de cando menos 30 Mbps
para a práctica totalidade da poboación, asà como servizos de banda larga por
riba dos 100 Mbps para os núcleos de poboación de máis de 500 habitantes, ou o
que é o mesmo, para o 60% dos galegos.
