A Xunta asinará un acordo para a introdución do galego na telefonÃa móbil
luns, 8 de setembro do 2008

- A operadora R xa galeguizou varios dos seus móbiles
Esta semana a
Xunta de Galicia asinará un acordo para ofrecer a opción do galego nos servizos
da telefonÃa móbil, un ámbito no que a nosa fala ten atopado moitos atrancos, o
que A Mesa pola Normalización LingüÃstica aplaude pois é unha das súas
reivindicacións históricas, e manifesta a súa esperanza de que
garanta a liberdade de uso do galego en facturación e apoio ao cliente, asÃ
como que a maiorÃa dos terminais teñan o novo idioma dentro das súas opcións
nos menús e aplicacións.
Para A Mesa, «é moi importante que todos
os terminais con opción de galego se distribúan con normalidade nas tendas e
que se realicen campañas para dar a coñecer a súa existencia» e que, coma
no caso catalán, «se ofreza a opción de
mudar os terminais vellos sen opción de galego por outros que si a ofrezan».
