A Xunta lembra que o INE rexistra un importante incremento do fogares con acceso á Rede en Galicia
mércores, 18 de maio do 2011
A
consultora Tatum deu a
coñecer nos últimos dÃas o seu informa anual sobre o estado da Internet en
España e no mundo, no que destacan que as comunidades autónomas que quedan
por debaixo dunha penetración da Internet do 50% son Murcia, Galicia, as dúas
Castelas, Estremadura e AndalucÃa, instando á súa mellora e denunciando que o
crecemento anual da penetración da Internet é moi reducido, o que parece ter
levado á Xunta a reaccionar, para negar a maior e, tirando proveito dos últimos
datos do Instituto Nacional de EstatÃstica (INE), asegurar que aÃnda que é
certo que o acceso á Rede só está presente no 48,9% dos fogares galegos, o
incremento anual foi do 15,6%, superando sobradamente o 9,4% da media
española.
Pese a que o acceso á Rede non é posible dende todos os fogares, o número de
galegos que fan uso da Internet si supera á metade (é do 53,6%) e no caso da
poboación de entre 16 e 24 anos supera o 90%, de xeito que non se manifesta
unha importante caÃda no uso da Rede ata que entramos en grupos de poboación de
máis de 45 anos, ou sexa, que a principal fenda dixital en Galicia parece vir
provocada pola envellecemento da nosa poboación.
O incremento do acceso á Internet a través de conexións de banda larga en
Galicia tamén tivo un incremento interanual superior á media estatal (foi do
21,4% entre 2009 e 2010) e aÃnda que a tecnoloxÃa máis empregada para acceder á
Rede en Galicia sexa o ADSL (no 55,6% dos fogares), en Galicia destaca
especialmente a forte presenza dos accesos por cable (31,9% dos fogares con
conexión á Rede) e por conexións móbiles de banda larga (22,9%).
