A cidadanía de Ames aínda está a tempo para participar nos novos rumbos da páxina municipal
xoves, 14 de xaneiro do 2021
O
Concello
de Ames informou hoxe de que xa está entrando na recta final o prazo
para participaren os cidadáns na enquisa sobre o futuro da web
municipal. O prazo rematará o 25 de xaneiro. O obxecto do
informe é recoller as solicitudes de mellora na web municipal sobre
o deseño, os contidos, a frecuencia e o destino das visitas, e a
facilidade de acceso aos distintos apartados do sitio web.
Ademais,
déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou
algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Para participar
na enquisa as cidadás e cidadáns poden premer nunha ligazón
específica habilitada na páxina web municipal.
Toda
vez que o usuario responda sobre si coñece ou non a web municipal, a
enquisa arrinca solicitando datos sobre a frecuencia de visitas e da
catro opcións: todos os días, cada semana, cada quince días ou
mensualmente. A seguinte pregunta refírese ao aspecto da páxina:
deseño atractivo, utilidade dos contidos, acceso doado aos contidos,
navegación sinxela e clara, calidade dos contidos, variedade dos
contidos, actualización dos contidos, posibilidades de comunicación
(boletíns, canles e redes sociais) e sistema de busca de
información.
Tamén
se inquire á cidadanía sobre a experiencia de navegación (avisos,
trámites, sede electrónica, oficina virtual tributaria, atención
veciñal e participación, transparencia, organización municipal,
etc) ou sobre a frecuencia de visitas á páxina, entre outras
cuestións.