A consola portátil certificada por Xbox xa ten data de lanzamento
mércores, 20 de agosto do 2025
Xbox anunciou hoxe a data de lanzamento mundial das portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X, que chegarán o 16 de outubro, a tempo para o Nadal. Presentadas por primeira vez a comezos deste ano, estas consolas inauguran unha nova etapa no xogo portátil, facilitando o acceso aos tÃtulos favoritos de Xbox, Battle.net e outras tendas lÃderes de PC desde calquera lugar.
As ROG Xbox Ally estarán dispoñibles desde o 16 de outubro en numerosos paÃses entre os que figura España, aÃnda que polo momento non detallan os prezos e o calendario de reservas pola inestabilidade dos mercados internacionais a causa dos aranceis.
Xbox presentou tamén o Programa de compatibilidade de dispositivos portátiles, unha iniciativa destinada a verificar, probar e optimizar milleiros de xogos para este formato. Desde o lanzamento, os usuarios poderán identificar na súa biblioteca aqueles tÃtulos preparados para o uso en portátil grazas ás insignias Optimizado para dispositivos portátiles ou Maiormente compatible. Ademais, os xogos incluirán un indicador de axuste de rendemento de Windows que permitirá coñecer o comportamento esperado en cada dispositivo.
As novidades técnicas inclúen a entrega avanzada de shaders, unha función que precarga os shaders durante a descarga, conseguindo que determinados xogos se inicien ata dez veces máis rápido, con execución máis fluÃda e menor consumo de baterÃa no primeiro uso. A partir de comezos do próximo ano, a ROG Xbox Ally X incorporará caracterÃsticas potenciadas por intelixencia artificial, como a Súper resolución automática (Auto SR), que mellora automaticamente a resolución e a taxa de fotogramas en xogos que funcionan a definicións máis baixas, e a creación de Reels destacados, clips automáticos cos mellores momentos de cada partida para compartir en redes sociais.
Tamén se presentou o ROG Raikiri II Xbox Wireless Controller, mando desenvolvido por Asus dentro do programa Designed for Xbox, que incorpora unha taxa de refresco de 1.000 Hz en modo PC, joysticks TMR antidesgaste e gatillos de dobre modo.
Anuncio do Programa de compatibilidade de dispositivos portátiles
