A fibra óptica supera ao DSL en España
luns, 25 de setembro do 2017
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
correspondente ao pasado mes de xullo reflicte un momento histórico para a
banda larga en España, xa que por
primeira vez o número de liñas de fibra óptica ata o fogar (FTTH) supera ao de
liñas DSL, constatando asà a tendencia iniciada en 2014, cando as
instalacións de fibra óptica comezaron a dispararse e o ADSL iniciou a súa
caÃda (en boa media ante as limitacións técnicas que impedÃan que mantivesen a
competencia).
O crecemento da fibra óptica atende a múltiples razóns, entre as que está tanto
a calidade do servizo como o seu potencial de crecemento mantendo un nivel
competitivo elevado, aÃnda que o factor que parece ter sido decisivo no noso territorio
é o prezo, xa que os operadores de telecomunicacións ofertan as conexións FFTH
practicamente ao mesmo prezo que as liñas DSL, achegando máis servizos, de
feito que a oferta dunha tecnoloxÃa ou outra depende principalmente da
cobertura.
Cómpre salientar que aÃnda que o número de liñas DSL descenda a grande
velocidade, tamén o fan a un ritmo semellante as conexións de cable (HFC) como a que en Galicia ten o operador R, mentres que
as conexións FTTH medran de xeito imparable, buscando converterse na norma en
2020.
