A galega Krasis participa no meirande evento de Microsoft SharePoint en América Latina
mércores, 20 de xullo do 2011
Krasis Press,
editorial técnica da compañÃa viguesa Krasis especializada en tecnoloxÃas
Microsoft, patrocina o Quinto Simposio Latinoamericano
SharePoint 2010, que terá lugar na cidade de San José, en Costa Rica, o
vindeiro 31 de agosto.
Baixo o lema Aprende-colabora-comparte
a comunidade Microsoft reuniu aos máis prestixiosos expertos americanos e
europeos en diferentes tecnoloxÃas, recoñecidos pola propia Microsoft co
galardón MVP (Most Valuable Professional), para tratar os principais temas de
actualidade relacionados con SharePoint: integración con Azure, Office 365,
aplicacións con Silverlight, desenvolvemento de Workflows... Entre estes
profesionais atópanse 2 dos autores da colección feed your brain de Krasis Press, Gustavo Vélez, MVP na disciplina
SharePoint MOSS e Juan Carlos González, MVP en SharePoint Server.

- Krasis Press regalará exemplares de balde de 2 dous seus tÃtulos sobre SharePoint
Durante o simposio, Krasis Press regalará exemplares dos seus dous tÃtulos Programación
en SharePoint 2010 e SharePoint
2010 de principio a fin, ademais dun 30% de desconto en todo o catálogo
dos seus libros en PDF, o formato máis demandado na actualidade polos usuarios
de información sobre tecnoloxÃas para poder acceder comodamente a ela dende os
seus dispositivos móbiles.
AsÃ, Krasis dá un paso máis na súa habitual polÃtica de patrocinios e colaboracións,
pois, a pesar de estar presente en multitude de eventos nacionais organizados
por comunidades de desenvolvedores de España (Second Nug, DotNetClub, CIIN,
UAM...) nunca cruzara o charco para
ofrecer o seu apoio a comunidades internacionais.
