A galega Siongal presenta un servizo en liña para tirarlle o máximo partido á nosa publicidade
venres, 14 de xaneiro do 2011
A publicidade ten que orientarse cara a onde
está centrada a atención do consumidor. De intensificarse un pouco
máis do debido, ou de non ter o deseño ou acubillo máis axeitado, aos nosos
ollos será pouco máis que spam. Isto
acontece asà na vida real, e tamén na dixital: non vale con querer facer
promoción dos nosos produtos, hai que ver moi ben como e onde se fai, e, de
facelo na Rede, estudar onde están hoxe os usuarios e onde estarán o dÃa de mañá.
Segundo informa Galicia
Hoxe, a procura de innovadores e eficaces métodos de promoción é o gran
obxectivo da firma galega Siongal, e a
esta estratexia responde precisamente un recurso propio de seu, Siongal E-Business,
modelo de publicidade que combina diversas estratexias de márketing para
despregar unha rede comercial en Internet, encargada de difundir as mensaxes
dunha empresa nas canles de comunicación que máis empregue o seu público
obxectivo.
Por certo que estas canles son cada vez máis
os buscadores, os blogs, os portais de tipo corporativo, os foros e, devagar
pero sen pausa, as redes sociais. O obxectivo do modelo é constituÃrse en
elemento de unión dixital entre quen se anuncia e quen recibe os datos dese
anuncio, ampliando contactos, vendas e visitas a través da propia web da firma
que participe no modelo.
Asà o explica Eduardo Montero, director
comercial de Siongal, e asà o recolle o xornal galego: “Siongal E-Business asume as funcións dun departamento comercial en
internet, localizando e situando unha empresa nos medios e sitios web nos que
se atopan potenciais clientes da firma. Unha vez localizados estes medios,
planifÃcanse e desenvolven as accións máis eficaces para rendibilizar o
investimento, multiplicar o volume de contactos e incrementar o ritmo de
vendas".
Os beneficios deste servizo son moitos e variados,
informa a empresa, pero entre os máis importantes (tendo en conta os intres de
caÃda produtiva que estamos a vivir) figura o da potencial redución dos custes,
posto que se incrementa a rendibilidade sen apenas esforzo nin investimento
extra en infraestruturas. Asemade, asegúrase unha atención persoal, sinala a
compañÃa galega.