A metade da poboación mundial ten móbil
venres, 30 de novembro do 2007
Un estudo elaborado por Informa cifra a cantidade
de liñas de telefonÃa móbil en 3.300 millóns, de xeito que se pode afirmar que a
metade da poboación mundial conta con móbil e, de feito, en 59 paÃses a
penetración deste tipo de telefonÃa supera o 100% (hai máis liñas que
habitantes).
O crecemento da telefonÃa móbil está a resultar abraiante nos últimos anos,
pois esta tecnoloxÃa que comezou a funcionar en 1981 espallouse pouco a pouco,
pero coa entrada en paÃses coma China ou India se disparou o número de
usuarios.
Dende Informa tamén inciden no feito de que a telefonÃa móbil non se vive igual
en cada paÃs, e o consumo por usuario é sumamente dispar, de xeito que mentres
no Reino Unido o gasto medio por usuario é duns 70 dólares/mes, en paÃses coma
Sri Lanka non chega ós 3 dólares/mes.
No tocante á tecnoloxÃa empregada, a GSM Association estima que hai 2.571,6
millóns persoas empregando conectividade GSM (e superiores) mentres que a
segunda tecnoloxÃa a nivel mundial, CDMA, queda nos 421,4 millóns de usuarios.
