A pandemia propiciou un aumento do número de fogares españois cun computador

mércores, 30 de marzo do 2022 Anxo Sesto

O Observatorio Nacional de Tecnoloxía e Sociedade (ONTSI), analiza o papel que xogan os ordenadores dentro do proceso de dixitalización no informe Ordenadores e fogares españois. Segue sendo un recurso fundamental para a sociedade dixital? Os computadores son a ferramenta por excelencia da sociedade dixital; en España un 78% das vivendas con polo menos unha persoa de 16 a 74 anos dispón dun, é dicir, case 13 millóns de fogares. Esta cifra supón un aumento de dous puntos porcentuais dende 2020, hai case medio millón do fogares máis con ordenador dende a pandemia.
No que respecta á telefonía, o teléfono fixo cada vez ten menos presencia nos fogares, só o teñen o 67%. En contraste, practicamente todos os fogares teñen un teléfono móbil (o 99%) e o 96% accede a Internet, xa sexa mediante conexión fixa ou móbil. O aumento de 2,3 puntos porcentuais de estes equipos ven motivado pola expansión do traballo e a escola en liña e recuperou os niveis de crecemento do período do 2007-2012, cando os fogares con algún tipo de ordenador medraban a un ritmo de entre dous e tres puntos cada ano. Entre 2020 e 2021, os fogares con ordenador pasaron do 67% ao 71%. Por comunidades autónomas, Melilla (85,6%), Madrid (84,2%) e Cataluña (82,6%) son as rexións con maior porcentaxe de fogares con estes dispositivos; mentres que no outro extremo se sitúan Extremadura (68,7%) e Ceuta (61,4%). En todos os fogares aumentou o uso de algún dispositivo deste tipo, sendo Navarra, Aragón, Baleares, Canarias e Comunidade de Valencia as que máis rápido medraron respecto á media nacional.
Poñendo o foco sobre as vivendas que non contan cun ordenador, vemos que son máis de 3,5 millóns, elevándose esta cifra ata máis de 5 millóns se contamos os fogares onde todos os seus membros teñen máis de 74 anos.

PUBLICIDADE