A poxa pola banda dos 700 MHz celebrarase en xullo
luns, 31 de maio do 2021
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
publicou a Orde
de Bases que establece as condicións da licitación de concesións na banda de 700
MHz para o despregamento da tecnoloxÃa 5G, medida dentro da Estratexia de
Impulso da TecnoloxÃa 5G que porá a disposición dos operadores de
telecomunicacións unha das bandas preferentes para o despregamento de redes e
servizos de 5G.
As condicións, modificadas tras unha consulta pública, fixan
os prezos de saÃda en 995,5 millóns de euros e a concesión de frecuencias terá
unha duración mÃnima de 20 anos prorrogables por 20 anos máis, buscando asà a amortización
dos investimentos a longo prazo.
A poxa comezará antes do 21 de xullo e licitaranse 7 concesións en total: 4
corresponden a 2 bloques de 2x10 MHz e 2 bloques de 2x5 MHz, na banda de 703-733
e 758-788 MHz para comunicacións ascendentes e descendentes; a tamén licitaranse
3 concesións na banda 738-753 MHz que asignan ao uso do bloque de 5 MHz para
comunicacións só descendentes.