A realidade mixta de Microsoft chegará ao mercado de cara ao Nadal
luns, 28 de agosto do 2017
Este mes Microsoft iniciou
a venda de cascos de realidade mixta para desenvolvedores, deixando claro
que querÃa que houbese contidos que aproveitasen esta tecnoloxÃa cando chegue a
actualización de outono de Windows 10, que serán a que incorpore a tecnoloxÃa coñecida
como Windows Mixed Reality, que promete a democratización das tecnoloxÃas de
realidade virtual sentando as bases dunha plataforma cun hardware cada vez máis
asumible, de xeito que poderÃan conseguir unha penetración no mercado moito
máis forte da que actualmente teñen as Oculus Rift e HTC Vive, que pese á súa relativa
madurez están moi afastadas do grande público.
Mentres outras compañÃas se centraban na realidade virtual pura, dende Microsoft xa anunciaran en 2015 que preferÃan ser máis
ambiciosos e mesturar tal tecnoloxÃa coa realidade, para o que desenvolveron
HoloLens, un produto moi revolucionario pero extraordinariamente caro (inicialmente
vendÃanse
por 3.000 dólares), que sentou unhas bases moi prometedoras que
posibilitaron o seguinte paso, o dos cascos de realidade mixta para Windows,
que finalmente chegarán
ao mercado na campaña de Nadal a través de distintos partners de Microsoft.
Estes novos cascos buscan ser doados de instalar (evitando a instalación de
sensores na habitación para detectar os movementos do usuario), ter un prezo
asumible (os cascos custarán a partires de 399 dólares e funcionarán en
ordenadores que custen a partires de 499 dólares, ou sexa, que custarÃan a metade
que as solucións coas que compiten actualmente) e permitir que o usuario teña
distintas opcións (ao ser unha plataforma poderán comercializarse cascos de
numerosas marcas e deseños, e incluso diferir en caracterÃsticas).
Para a realidade virtual convencional é preciso contar cun ordenador dunhas
prestacións sumamente elevadas, que é algo do que Microsoft quere fuxir, de
xeito que ofrecerán dous niveis ben diferenciados de experiencias, en función
da potencia do equipo informático: co equipos con gráficas integradas e
potencia limitada os cascos correrán a 60 imaxes por segundo, mentres que en
ordenadores máis potentes, con gráficas discretas, os cascos poderán moverse a
90 imaxes por segundo. Ambas configuracións permitirán gozar do vÃdeo inmersivo
e de videoxogos, só que mudará considerablemente a calidade de imaxe e o nivel
de inmersión conseguido (xa que a velocidade de refresco da imaxe xoga un
importante papel á hora de somerxer ao usuario nos mundos virtuais).
Pero o máis interesante do que vén de anunciar Microsoft é que non será preciso
que agardemos unha chea de meses para ver contidos inmersivos para os novos
cascos, senón que os contidos de realidade virtual que están dispoñibles en
Steam serán compatibles, de xeito que o Nadal será un momento ideal para dar o
salto a esta tecnoloxÃa emerxente, que busca facernos viaxar virtualmente a
lugares afastados ou a mundos imaxinarios, facernos vivir experiencias máxicas
e incluso xerar hologramas ao noso redor que poidan supor un grande cambio no
xeito de entender a informática persoal no futuro.
Novo vÃdeo promocional da realidade mixta de Windows 10