A realidade virtual de Sony de rebaixas polo Black Friday

luns, 19 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Por 219,99 euros podemos mercar un casco de PlayStation VR, a PlayStation Camera e un par de xogos

A PlayStation Store iniciou as súas rebaixas de Black Friday o pasado venres, pero dende Sony non están a limitar as ofertas aos xogos en formato descargable, senón que até o 2 de decembro tamén ofrecen atractivas ofertas para animar aos usuarios a dar o salto á realidade virtual de xeito que o Starter Pack de PS VR, que inclúe un dispositivo PlayStation VR, unha PlayStation Camera e un código de descarga para PlayStation VR Worlds véndese a 199,99 euros. Amais tamén venden un lote que inclúe a maiores o xogo Astro Bot Rescue Mission por só 20 euros máis.
Tamén hai unha completa selección de xogos de realidade virtual como Driveclub VR, Battlezone, RIGS, StarBlood Arena, Farpoint, The Inpatient, Bravo Team, Firewall Zero Hour + Aim Controller, Firewall Zero Hour, Bravo Team + Aim Controller, Eve Valkyrie e Robinson: The Journey que baixan o seu prezo definitivamente, e que nalgún caso incluso hai unha promoción de Black Friday que reduce o seu prezo de venda a mínimos históricos, polo que pode ser unha boa ocasión para a súa compra.

Vídeo promocional das rebaixas de Black Friday de PlayStation VR

PUBLICIDADE