A segunda edición de Startup Weekend Galicia terá lugar en Vigo entre os dÃas 1 e 3 de xullo
mércores, 22 de xuño do 2011
Tras o éxito da primeira edición
galega de Startup Weekend que tivo lugar en Santiago de Compostela en xuño
de 2010, as oficinas de Elogia en Vigo acollerán este ano o evento que terá lugar entre os dÃas 1
e 3 de xullo, xuntando durante 54 horas frenéticas a un grupo de persoas
con distintas habilidades (principalmente desenvolvedores, programadores,
deseñadores e xente de marketing e
negocio) para traballar xuntos para dar pé a aplicacións web ou móbiles que
poidan servir para un proxecto viable, ilustrando asà sobre as posibilidades que
o traballo en grupo e as sinerxÃas poden achegar ao emprendemento tecnolóxico.
A serie de eventos Startup Weekend naceu en 2007 da man de Andrew Hyde como un
concepto de conferencia enfocada a aprender creando, destacando polo toma
rápida de decisións, o pensamento creativo e facilitando que os participantes
amosen o que saben e poden facer. Esta proposta conseguiu boa aceptación
internacional, de xeito que agora está
presente en máis de 35 paÃses de todo o mundo. No caso de España o encontro
ten presenza en Galicia, Barcelona e Madrid, e precisamente a última edición
madrileña rematou co trunfo dun proxecto liderado por un emprendedor
establecido en A Coruña.
A mecánica de Startup Weekend
Este tipo de xornadas comezan por unha primeira sesión na que os
participantes presentan as súas ideas nun formato de elevator pitch (1 minuto por idea), de xeito que as máis votadas serán
as que se desenvolverá por equipos durante o resto da fin de semana. Os equipos
contarán con mentores en distintas áreas (xestión empresarial, desenvolvemento
de negocio, marketing, financiamento…).
Durante o sábado e o domingo tamén hai preparadas varias charlas, asà como
conexión vÃa Skype con startups e
mentores en EE.UU.
O obxectivo é que ao rematar a fin de semana os equipos poidan presentar os
seus proxectos ante un xurado que elixirá aos 3 mellores, e un dos equipos
poderá pasar directamente como finalista e poderá presentar o seu proxecto ante
investidores de Vindeira Capital Network, o principal encontro de investimento
de Galicia.
VÃdeo que resume a edición de 2010 do encontro
