A telefonÃa móbil perdeu 226.268 liñas en agosto
mércores, 17 de outubro do 2012
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de
publicar a súa nota correspondente ao mes de agosto (descargable
en formato PDF), facendo unha radiografÃa do sector das telecomunicacións
en España, que parece continuar coa tónica dos meses anteriores, reflectindo
unha perda de 226.268 liñas móbiles, o que acumularÃa 1,31 millóns de liñas
de caÃda no que vai de ano, aÃnda que se facemos unha comparación do pasado mes
de agosto co de agosto de 2011 a caÃda experimentada quedarÃa en só un 2,1%.
As compañÃas que máis padecerÃan a perda de liña serÃan Movistar e Vodafone,
mentres que o resto de operadores conseguen incluso captar liñas.
Durante agosto o número de liñas móbiles de contrato medrou en 59.265, o que
non puido compensar a caÃda de 227.876 liñas de prepagamento e 57.657 de datos.
No sector da banda larga considérase que estamos ante un estancamento, con
6.774 liñas novas en FTTH e 3.937 liñas menos de cable e 567 menos de xDSL,
mentres que a telefonÃa fixa continúa a caer (con 49.089 liñas menos).

- Ganancia neta de liñas móbiles no mes de agosto (en milleiros)
