A telefonÃa móbil perdeu 238.428 liñas en xuño
venres, 7 de setembro do 2012

- Ganancia neta de liñas móbiles no mes de xuño
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións vén de publicar
a súa nota
mensual (en formato PDF) co balance
do sector da telefonÃa e as conexións á Rede en España correspondente ao mes de
xuño, rexistrando
unha perda de liñas de 238.428, que corresponderÃa principalmente aos
operadores Movistar e Vodafone, mentres que Orange, Yoigo e os operadores
móbiles virtuais (OMV) continúan a captarlles clientes. Estariamos ante a
primeira ocasión que o mes de xuño rexistra unha caÃda interanual de liñas
móbiles, aÃnda que só fose do 0,9% (quedando en 54.644.316 liñas). Pola contra,
o sector da banda larga consegue avanzar, incrementando en 9.655 o seu número
de liñas.
En xuño os operadores móbiles rexistraron 395.727 portabilidades, das que
201.830 corresponderÃan a Movistar e 160,940 a Vodafone, o que ocasinoulles
unha perda neta de 55.449 e 73.986 liñas respectivamente. Pola súa banda Yoigo
gañou 43.477 liñas e os OMV fixéronse con 68.476 liñas no mes de xuño.
No caso da telefonÃa fixa non houbo sorpresas, e en xuño caeron 48.514 liñas,
tendencia que xa leva varios anos e que vén provocada tanto pola conxuntura
económica como pola caÃda de uso provocada polo éxito da telefonÃa móbil.
