A veciñanza de Allariz poderá mergullarse este inverno nas utilidades das novas ferramentas

venres, 30 de xaneiro do 2026 S. P.

O concello de Allariz acollerá en febreiro e marzo diferentes formacións tecnolóxicas abeiradas ao Programa Reto Dixital da Deputación de Ourense. Do 2 ao 4 de febreiro achegarase á veciñanza o curso de balde O meu móbil, fiestra ao mundo dixital, unha iniciativa enmarcada dentro do Programa Reto Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. O curso impartirase na Casa da Mocidade en horario de 18:00 a 20:30 horas e está encamiñado a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, especialmente no entorno rural.
No mesmo horario e no mesmo lugar desenvolveranse días máis tarde as seguintes actividades formativas:
Seguridade e Benestar Dixital de Menores. Días 9, 10 e 11 de febreiro
Dominio da IA para multiplicar o teu contido. Días 23, 24 e 25 de febreiro
Autonomía Dixital: primeiros pasos en trámites en liña. Días 2, 3 e 4 de marzo
As inscricións cómpre facelas na conta de correo participa@allariz.gal.