AGADIC organiza un almorzo de traballo sobre a reputación en liña
martes, 19 de xullo do 2011
O vindeiro xoves de 9:30 a
11:00 horas terá lugar no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela un almorzo
de traballo organizado por AGADIC co tÃtulo de A reputación das empresas na Rede. ¿Como medir e actuar sobre o que din
os consumidores da nosa marca na web social?, que contará coa presenza do
doutro Miguel del Fresno, consultor senior en investigación, seguimento e
reputación na Rede.
O evento está dirixido a persoal directivo e técnico das empresas das
industrias culturais, a súa asistencia será de balde e está limitada a 20
persoas que deberán inscribirse por
correo electrónico ou no teléfono 986 419 922 ext 2006.
Con esta actividade búscase axudar ás organizacións a identificar a reputación
en liña, extraela, clasificala e analizala a partir das opinións que os
usuarios diseminan de xeito espontáneo e natural na chamada web 2.0, información que pode ser unha
fonte de melloras e oportunidades por parte de compañÃas interesadas realmente
en escoitar a voz dos seus clientes.
