APETEGA organiza unha xornada sobre as redes sociais na educación
luns, 31 de outubro do 2011
A Asociación do
Profesorado de TecnoloxÃa de Galicia (APETEGA) celebrará o sábado 12 de
novembro no IES de Brión a V Xornada Monográfica
baixo o tÃtulo de As redes sociais na
educación, que incluirá relatorios de J. J. de Haro, Juan Carlos López
Ardao e un orador da Garda Civil que falará sobre a seguridade e privacidade
nas redes sociais. Cada unha destas actividades completaranse cunha mesa
redonda ou debate, rematando a xornada cunha presentación de servizos web
educativos da man dos profesores que os poñen en práctica.
Está aberta a inscrición
a esta xornada ata o vindeiro sábado, cun número de prazas limitado (70), e
persegue mellorar a formación do profesorado de tecnoloxÃa, fomentar o uso das
redes sociais no profesorado, presentar diferentes redes sociais e as súas
posibilidades, fomentar o uso seguro e privado das redes sociais, coñecer as
principais ameazas e precaucións e as principais ferramentas en liñas para
traballar na aula de tecnoloxÃa. O programa da xornada serÃa como segue:
9:30 - Inicio Xornada nas instalacións do IES de Brión
10:00 - Conferencia: Seguridade e privacidade nas rede sociais
11:30 - Mesa redonda sobre a conferencia
12:00 - Conferencia de Juan Carlos López Ardao (@jardao)
13:45 - Mesa redonda sobre a conferencia
14:15 - Xantar
16:00 - Conferencia de Juan José de Haro (@jjdeharo)
17:30 - Mesa redonda sobre a conferencia
18:00 - Presentación de servizos web educativos
20:00 - Clausura das Xornadas
VÃdeo promocional da xornada
