AT&T traballa por manter a exclusividade do iPhone nos EE.UU.
xoves, 16 de abril do 2009

- Varios iPhone de primeira xeración
Os rumores apuntan que a
nova versión do iPhone que sairá no verán poderÃa non ter só unha versión GSM,
senón tamén unha CDMA, o que permitirÃa que funcionase en operadoras móbiles
norteamericanas coma T-Mobile ou Verizon Wireless, o que serÃa a levar a
AT&T a esforzarse para manter a exclusividade do móbil de Apple nos EE.UU.,
xa que dos 4,3 usuarios do iPhone da compañÃa, preto do 40% viñan doutras
operadoras, polo que temen unha fuxida de clientes de non evitar a competencia
na comercialización do iPhone.
Non hai que esquecer que para moitos usuarios do iPhone nos EE.UU. o terminal é
excelente, pero o servizo de AT&T considérase algo malo, pois en cidades
coma New York as outras operadoras teñen unha cobertura moi superior e as
chamadas establécense con máis calidade de voz.
A exclusividade do iPhone rematarÃa para o ano que vén, e na actualidade estarÃan
a negociar a ampliación do prazo ata 2011. Esta situación poderÃa
replicarse noutros mercados, coma o español, onde non son poucos os usuarios
que non adquiriron o móbil de Apple por mor da operadora que o comercializa
(Telefónica), de aà que as compañÃas que chegaron a vender o terminal
importándoo doutros paÃses europeos resultase tan rechamante e atractivo.
¿Aproveitará Apple o lanzamento dun novo iPhone para cambiar o seu modelo de
explotación? Non sorprenderÃa, pois co iPhone 3G tamén botara por terra a súa
polÃtica anterior (que, entre outras cousas, non aceptaba a subvención de
terminais).
