Absolver estrea versión para Xbox One

luns, 7 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O xogo combate multixogador en liña de Devolver Digital Absolver, que o pasado mes de xullo ofreceuse dentro de PlayStation Plus, chega finalmente a Xbox One a un prezo de 29,99 euros, procurando achegar a usuarios á súa proposta orixinal de loita con toques de rol.
Neste xogo os Guías porán ao usuario tras a máscara dunha Promesa para determinar a súa valía dentro dun exército de esbirros de elite, que terán que no seu camiño irán atopándose con contrincantes que en intensas batallas de 3 contra 3 e duelos individuais permitirá a aprendizaxe de habilidades de loita e conseguir armas e armaduras.
O usuario poderá definir a estratexia da súa Promesa, elixindo un estilo de loita e unha arma favorita, e dispoñendo de ataques nun panel de combate para deseñar un estilo ofensivo persoal e único.
Absolver pode gozarse en individual e en modos en liña cooperativos e de enfrontamento.

JPEG - 98.3 KB
No xogo poderemos ir definindo o noso estilo de loita en función das nosas preferencias

PUBLICIDADE