Acrodea mellorará os móbiles de Sony Ericsson
luns, 19 de maio do 2008
Acrodea chegou a
un acordo con Sony Ericsson para que o fabricante de móbiles poida incorporar
as tecnoloxÃas Vivid IU e Vivid Panorama nos seus terminais, o que
suporá unha importante mellora para os mesmos, pois a plataforma Vivid
IU achegará unha nova interface de usuario que integra imaxes, unha
versión reducida de Flash, gráficos 3D e vÃdeo, dando unha experiencia de uso
moito mellor á que nos teñen afeitos os móbiles actuais.
Por outra banda, Vivid Panorama permitirá crear imaxes panorámicas coas cámaras
do móbil, destacando por conseguir este efecto en tempo real durante unha única
toma e non mediante unha aplicación informática empregada a posteriori.
Presentación de Vivid IU
