Artigos desta sección
SOFTTEK afiánzase no mercado europeo de servizos tecnolóxicos dende A Coruña
A multinacional mexicana de servizos tecnolóxicos SOFTTEK, que ten no Centro de Entrega da Coruña a súa base de operacións a nivel europeo, vén de nomear a Ricardo Valencia como director xeral para a división da empresa no continente. SOFTTEK, que leva tres anos desenvolvendo o seu labor en España (dende Galiza, principalmente), quere reforzar con este (...)
Ler máisAs posibilidades do dixital centrarán o Foro Academia Aberta que comeza o día 30 na Coruña
A imaxe e o audiovisual xa nunca serán os mesmos, logo da concorrencia a tódolos niveis do tecnolóxico e, máis concretamente, desa linguaxe baseada en longas e (para algúns) desconcertantes ringleiras de ceros e uns: a dixital. Así están as cousas: hoxe é moito máis barato dedicarse á fotografía ca antes e todo, absolutamente todo, é máis fotografable agora ca hai (...)
Ler máisOs cambios que Internet provoca na cultura, a debate en Santiago
Co obxecto de analizar a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura, o Consello da Cultura Galega xunto co Club Internacional de Prensa de Galicia organizan: Cara a unha Cultura 2.0. Xornada sobre novas tecnoloxías e creación cultural.O acto, que se celebrará o vindeiro 28 de novembro en Santiago (...)
Ler máisApplus+ entrega este xoves en Santiago os seus premios á innovación empresarial
Hoxe xoves 23 a compañía Applus+ fará entrega en Santiago dos premios á excelencia empresarial que levan o seu nome e que recoñecen a competitividade e a innovación de firmas da Eurorrexión Atlántica (Galicia e Norte de Portugal). O acto, que se celebra no Hostal dos Reis Católicos a partir das 20.30 horas, iniciarase cun cóctel para logo dar paso á entrega de (...)
Ler máisUnha moza faise cun portátil novo vendendo publicidade no mesmo
Un británico publicou unha web na que vendía píxeles a un dólar cada un, de xeito que xuntou preto dun millón de dólares (a réplica galega non acadou tal éxito), un estudante estadounidense ofreceu a súa fronte para amosar publicidade, e agora unha programadora informática chamada Leah Culver buscou un curioso xeito de financiar a adquisición do seu novo (...)
Ler máisOs portátiles para os nenos de países en vías de desenvolvemento xa se poden probar grazas á emulación do seu sistema operativo
Os portátiles do proxecto OLPC, coñecidos coma XO, e promovidos por Nicholas Negroponte, están no punto de mira de medio mundo, ó pretender ser unha solución económica (finalmente custarán 140 dólares) para levar equipos informáticos a nenos de países en vías de desenvolvemento, e agora están de actualidade xa que na Internet amosaron a súa interface de uso e (...)
Ler máisGoogle supera os 500 dólares por acción
Os últimos ventos parecen soprar a favor de Google, que esta semana superou os 500 dólares por acción na Bolsa, o que supón un crecemento espectacular xa que en 2004 as accións do buscador parían duns modestos 85 dólares.Esta mellora no mercado estaría provocada pola confianza dos investidores en que a compañía dominará o mercado de venda de espazo publicitario (...)
Ler máisUn manifesto expón as necesidades de Yahoo! de cara a unha reestruturación
Brad Garlinghouse, vicepresidente de Yahoo!, vén de provocar un revulsivo na súa empresa coa publicación do Peanut Butter Manifesto (Manifesto da Manteiga de Cacahuete) no Wall Street Journal e que expón as redundancias en moitos postos de traballo da compañía e a falta de liderado e dunha estratexia “única e coherente”, polo que compara a estratexia de (...)
Ler máisO primeiro robot contratado en Xapón traballa de recepcionista
Coma se dun prestixioso futbolista chegado da liga inglesa se tratase, o robot Yuriko é portada estes días nos medios de comunicación polo prezo que se pagou por el. Até 160.000 euros tivo que desembolsar a empresa xaponesa Ubix por este recepcionista de aspecto tan pouco depurado.Desenvolvido pola empresa Practical Robotic Solutions, Yuriko traballa agora (...)
Ler máisOrgasmos masivos a prol da paz mundial
Xa pasaron tres anos dende a caída de Iraq, mais a guerra que mantén viva EE UU no Golfo Pérsico, lonxe de rematar, semella ir a peor. As manifestacións, folgas e mobilizacións masivas a prol da paz mundial non semellan ter o efecto desexado nas cabezas ocas dos políticos que moven os fíos da violencia, co que os responsables de Global Orgasm puxéronse mans á (...)
Ler máis0 | ... | 40820 | 40830 | 40840 | 40850 | 40860 | 40870 | 40880 | 40890 | 40900 | ... | 40960
