Artigos desta sección
O Apple Centre de Santiago acolle os sábados de novembro seminarios sobre ferramentas informáticas para docentes
O AS Computer MacCenter de Santiago está a organizar este mes de novembro diversas presentacións e seminarios gratuítos relacionados con solucións informáticas innovadoras e, en termos do centro, “ideais para levar a cabo traballos docentes e de investigación”.Nestas actividades, que se celebran o sábado 11 ó mediodía (Podcast) e o sábado 25 (Revista escolar), (...)
Ler máisPropoñen a creación dunha entidade de xestión de exencións do canon dos CD e DVD
O SIMO serviu como punto de encontro para debater sobre o canon dixital nunha mesa redonda na que participaron Enrique Dans (Instituto de Empresa), Víctor Domingo (Asociación de Internautas), Javier Pagés (Asociación de Ingenieros en Informática), Miguel Pérez (Asociación de Usuarios de Internet) e Miguel Errasti (ANEI), que pediron alternativas ó sistema (...)
Ler máisTecnocom integra o Centro de Control de Tráfico do Cebreiro
Tecnocom, a empresa española que incorporou no seu equipo ás galegas Softgal e Softgal Gestión, é a responsable da integración dunha infraestrutura de control de tráfico na autovía A-6 ó seu paso en Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo. O proxecto, que foi adxudicado por Telvent e SICE por un custo de 129.000 euros, está encamiñado a facilitar a achega (...)
Ler máisO ITG enche o mes de novembro con tres cursos sobre novas tecnoloxías para as empresas
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) segue adiante con actividades de formación relacionadas coas vantaxes (moitas) da Sociedade do Coñecemento nas empresas: meirande competitividade, meirande promoción, máis rapidez e eficacia na xestión. É aí onde se insiren os tres cursos sobre novas tecnoloxías da información preparados por ITG para este mes de novembro. (...)
Ler máisArquitecturagalega.net: suma e segue achegando claves para construír hoxe ollando (ben) cara ó pasado
Arquitecturagalega.net, un proxecto web que é unha homenaxe a tódolos bos froitos que deu a tradición construtora da nosa terra, segue adiante na súa andaina (ou teima) reivindicativa, da man do noso colaborador Xavier Feixoo, que entre promover os valores do Concello de Sandiás e presentar alternativas de lecer vencelladas á Rede (coma o tour irmandiño (...)
Ler máisNace un portal deportivo galego con cabida para o minoritario
Ós 100 millóns de sitios que xa existían en Internet, agora debemos engadirlle polo menos un máis, xa que vén de ver a luz o servizo Mañá en Xogo, cualificado polos seus creadores como “o primeiro xornal deportivo en Galicia” e que pretende dar a coñecer a actualidade deportiva galega do que vai acontecer mañá e non do que xa sucedeu, contrariamente ó resto da (...)
Ler máisA chegada de Windows Vista podería provocar unha baixada do precio dos ordenadores de cara ó Nadal
Mercar un ordenador novo de cara o Nadal normalmente non é unha boa idea xa que os problemas de provisión en épocas de grande demanda poden provocar demoras na entrega do equipo e mesmo subas no prezo dos compoñentes, mentres que agardar ás rebaixas de xaneiro tamén resulta ridículo, xa que ese concepto non existe na informática de consumo (os prezos están en (...)
Ler máisOs blogueiros tómanlle o pulso á noite electoral norteamericana
A pasada noite foi moi movida nos EE.UU. co gallo das eleccións lexislativas, pero este ano contaron cuns observadores de excepción: os blogueiros. Precisamente a explosión do fenómeno dos blogs na política é un tema recorrente nos últimos anos, e nos EE.UU. se fai notar moito máis que no resto do mundo, pero se para algo serven estes medios é para facer (...)
Ler máisOs políticos norteamericanos empregan blogs como ferramenta para achegar votos
A versión electrónica de El Mundo comeza o novo blog coñecido coma El Catalejo dando un repaso ós blogs políticos norteamericanos para amosar os cambios que se están a producir nos últimos anos, no que consideran que xa é un escenario completamente novo no que a política xa non pode deixar de lado á Internet nunha campaña, polo que se empregan tanto para o (...)
Ler máisYouTube é o invento do ano segundo a revista Time
Non hai dúbida á hora de afirmar que 2006 é o ano do vídeo na Internet, polo que a revista Time no seu último número proclama a YouTube coma o Invento do Ano.Dende Time destacan que YouTube fai posible que xente de todo o mundo coñeza a un británico de 79 anos chamado Peter que fixo de técnico de radares durante a Segunda Guerra Mundial, os efectos de botar (...)
Ler máis0 | ... | 40840 | 40850 | 40860 | 40870 | 40880 | 40890 | 40900 | 40910 | 40920 | ... | 40960
