Adaptan o Opera Mini 4 Beta ó Helio Ocean
xoves, 13 de setembro do 2007
Nestas datas parece que tódolos hackers do mundo están a traballar na
liberación do iPhone, pero o certo é que hai moita vida máis alá do móbil de
Apple, e mesmo outros terminais coma o Helio Ocean captan a
atención dos desenvolvedores. E non é de sorprender, xa que tal móbil 3G ten
dous teclados deslizantes (un numérico e outro QWERTY), multimedia, mensaxerÃa
instantánea, cámara dixital e GPS, permitindo tanto o acceso a vÃdeos de
YouTube como o xeoposicionamento baseado en Google Maps, pero para os seus
usuarios tiña un importante defecto: o seu navegador web non é moi bo.
Precisamente para evitar tal atranco conseguiron
adaptar extraoficialmente o navegador Opera Mini 4 para este móbil, de xeito que pode ver
webs en formato panorámico e mesmo soporta o uso do teclado QWERTY (caracterÃstica
que non soporta o navegador de Opera para a meirande parte de terminais). Unha
boa nova para os propietarios deste móbil que poderÃa comercializarse en Europa
nos vindeiros meses, e que achega un xeito distinto de comunicarse, levando
moitos servizos da Internet no peto.