Alcatel, demandada en Costa Rica por 60 millóns de dólares
mércores, 25 de xuño do 2008
A Alcatel non lle vai ben en Costa Rica. Máis concretamente no Instituto Costarricense de Electricidad (ICE), que non semella moi satisfeito co servizo achegado pola firma francesa fabricante de dispositivos móbiles e que, en virtude de anos de tirapuxas e de algún que outro escándalo por corrupción, vén de demandar a Alcatel pola cifra nada desprezable de 60 millóns de dólares. Segundo relata a axencia AFP, o problema xurdiu como xorden case todos os problemas de corrupción, sexa urbanÃstica ou de outro tipo: co gallo de facer que os cartos, de moverse, se movan mellor para a casa propia.
AsÃ, Alcatel puÃdo ter pagado ata 15 millóns de dólares en primas a ex directivos do ICE amais de a polÃticos de primeira fileira para que (non é difÃcil de adiviñar) os contratos recaeran nela. Contratos que non eran calquera cousa: tratábase da licitación de ata 400.000 liñas móbiles. Con todo, o negocio non saÃu adiante, e non polo impago dos dólares requiridos, senón polo que o ICE cualificou de servizo deficiente (apenas habÃa cobertura), polo que o contrato veuse abaixo en febreiro de 2007, incluÃdo o arrendamento das ditas 400.000 liñas.
Logo de varias tentativas de Alcatel por chegar a un acordo, vense de confirmar a petición de 60 millóns de dólares por parte do Instituto Costarricense de Electricidade, ficando agora o proceso á espera de que Alcatel recorra nos tribunais a demanda.
