Aloy chega a Fortnite

martes, 13 de abril do 2021 Marcus Fernández

Os usuarios de Fortnite en PlayStation poderán gozar dunha nova personaxe da que gozar na súa consola, que non é outra que Aloy, protagonista de Horizon Zero Dawn e do vindeiro Horizon Forbidden West, que dentro da serie Lendas de videoxogos estará dispoñible xunto cun lote de obxectos que poderán adquirirse a partir do día 15. Amais, se nos facemos co traxe de Aloy e xogamos a Fortnite dende unha PlayStation 5, desbloquearemos o estilo Aloy cazadora de xeo.
O 14 de abril celebrarase en exclusiva para usuarios de PS4 e PS5 a Copa Aloy, que permitirá desbloquear o lote de obxectos Horizon Zero Dawn antes de que cheguen á tenda de obxectos, aínda que a meirande sorpresa para moitos será que a partir do día 16, e por tempo limitado, será posible que as compañeiras da serie Lendas dos videoxogos, Aly e Lara Croft (da serie de videoxogos Tomb Raider) poidan formar equipo. A este modo de dúos aos xogadores adxudicaráselles automaticamente a Aloy ou a Lara Croft, e contarán só co arco de Aloy e as pistolas de Lara ao comezo da partida, podendo mellorar as armas dominando as súas habilidades de fabricación.

Aloy e Lara Croft poderán unir forzas en partidas a dúo

PUBLICIDADE