Anuncian un Tablet con Android 2.0 e procesador nVIDIA Tegra
luns, 16 de novembro do 2009
Aínda que Michael
Arrington leva moito tempo prometendo o lanzamento do CrunchPad,
un Tablet PC a un prezo económico que estaría baseado nunha pantalla táctil de
12 polgadas, con Wi-Fi e 3G para acceder á Rede dun xeito moi doado, servindo
tamén para a reprodución de vídeos, escoitar música ou editar documentos,
baseándose nun almacenamento en liña (o dispositivo carecería de disco duro
interno), parece ser que Innovative Converged Devices (ICD) vai adiantárselle,
e anuncian
o que sería o seu Vega, un trebello que operaría con Android 2.0,
tería unha pantalla táctil de 15,6 polgadas e funcionaría cun procesador nVIDIA
Tegra.
O Vega
contará con 512 Mb de RAM e 512 de memoria Flash, webcam de 1,3 Mpíxeles,
lector de tarxetas microSD, conectividade Bluetooth 2.1, Wi-Fi, USB 2.0 e móbil
(2G/3G), acelerómetro, sensor de luz ambiental, micrófono, toma para
auriculares estéreo e unhas medidas bastante reducidas (37,3 x 25,4 x 1,6
centímetros).
Este novo produto podería ver a luz dentro dun par de meses.