As BlackBerry galeguízanse

martes, 25 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Imaxes do menú dunha BlackBerry Pearl 8100 en galego

Os fabricantes de telefonía móbil cada vez teñen máis en conta a diversidade lingüística internacional, e adaptan os seus terminais a distintos idiomas sen limitarse ao inglés, francés, italiano, portugués, alemán e español, e permitindo que incluso o galego, o catalán e o éuscaro estean dispoñibles para a personalización dos seus menús, e nesta liña está a operar RIM, que a través de actualizacións dos seus terminais BlackBerry Pearl 8100 e BlackBerry Curve 8310 permite a incorporación do galego a estes populares móbiles, cunha tradución aínda mellorable, pero que supón unha interesante achega segundo puidemos ver no blog de Héctor Anllo.