As SMS caen en Nadal mentres medra o consumo de datos no móbil
xoves, 27 de decembro do 2012
Os hábitos de consumo na telefonÃa móbil están a mudar
substancialmente nos últimos anos, principalmente por mor da proliferación do
uso de conexións de datos en mobilidade, o que ten unha incidencia notable en
servizos como as mensaxes de texto, o que vesa claramente nos datos que vén de
publicar Yoigo e que foron recollidos durante a festividade do Nadal deste ano,
data na que rexistraron
un incremento do uso de datos do 110% con respecto ao ano pasado e do 300%
con respecto a 2010, mentres que as SMS caeron un 50% con respecto a 2011 e un
62% se facemos a comparación con 2010.
Pola contra, o uso de voz entre os clientes de Yoigo medrou en Noiteboa un 10%,
chegando ao nivel de 2010, o que poderÃa tamén vir influÃdo polos cambios nas
tarifas dos últimos meses, que fan que o servizo de voz sexa cada vez máis
competitivo.
Cómpre destacar que os datos dun único operador non serve de indicador un
mercado global, pois cada compañÃa tende a atraer a perfÃs diferentes de
usuario, e será difÃcil sacar conclusións ata que compañÃas como Movistar,
Vodafone e Orange non publiquen os seus resultados destas datas.
