As Tartarugas Mutantes pelexarán en Injustice 2
luns, 13 de novembro do 2017
A franquÃa de xogos de Injustice, obra dos creadores de Mortal Kombat, conseguiu callar coa súa
versión escura dos heroes de DC Comics, conseguindo incluso que o universo
paralelo no que se ambienta teña unha das series regulares de banda deseñada de
máis éxito para o editor norteamericano, polo que o lanzamento de Injustice 2 para Xbox One e PlayStation
4 era inevitable, faltando até o momento a súa versión para PC, que
finalmente verá
a luz mañá, nunha Ultimate Edition
que permitirá acceder a 9 loitadores novos cando estea dispoñibles, 2
sombreados de equipo exclusivos para empregar con varios personaxes e 3 skins exclusivas que engaden aspectos e
diálogos novos a personaxes concretos.
O xogo dende o seu lanzamento foi recibindo lotes de novos loitadores, e xusto
esta fin de semana desveláronse os últimos que completarán o cadro de personaxes,
creando grande expectación, xa que a Red Hood (Carapucha Vermella), Starfire,
Sub-Zero, Manta Negra, Raiden e Hellboy uniranse The Atom, a Encantadora e as
Tartarugas Mutantes, sendo estes últimos unha grandÃsima sorpresa, xa que
levaban moitos anos afastados dos xogos de loita que non fosen brawlers.
Este último lote de loitadores probablemente sexa todo un éxito de vendas, pero
o que parece claro é que será un grande reclamo para os que non mercasen aÃnda Injustice 2, que asà porán o ollo á súa
versión completa, tanto para PC como
para consolas de videoxogos.
VÃdeo de presentación do terceiro lote de loitadores adicionais para Injustice 2