As conexións de 30 Mbps de Telefónica ofrecen o 92,85% da velocidade prometida
venres, 17 de outubro do 2008
Dende ADSLzone
puxeron a proba as novas conexións de 30 Mbps que Telefónica subministra a
5.000 clientes que participan nun plan piloto deste tipo de conexións baseadas
instalacións de fibra óptica ata o fogar baixo a modalidade que se coñece como TrÃo
Futura e, tras recoller 2.000 mostras entre os usuarios co
servizo activo, confirman que estes accesos á rede acadan
de media o 92,85% da velocidade prometida, cunha velocidade duns
27,8 Mbps de baixada e 901 Kbps de subida, o que supón unha importante mellora
con respecto das conexións baseadas en par de cobre, que nas conexións de 20
Mbps normalmente non
chegaban nin á metade da súa velocidade nominal.
- Dende ADSLzone contrastan a eficiencia do ADSL con respecto das redes de fibra óptica
Os responsables do estudo afirman que mentres a fibra óptica permite ofrecer o 95% da velocidade prometida, as operadoras de ADSL nas súas máximas velocidades ofrecen de media o 37,3%, oscilando as conexións de 20 Mbps entre os 8,9 e os 6,1 Mbps de velocidade segundo a compañÃa contratada.