As operadoras non están obrigadas a liberar teléfonos móbiles

xoves, 17 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Dende o blog da Comisión do Mercado das Telecomunicacións detallaron onte que as operadoras de telefonía móbil non están obrigadas a liberar os terminais que venden aos seus clientes, coma entendían moitos usuarios por mor dun informe elaborado pola CMT 1999 no que expresaban unha opinión ante o Servizo de Defensa da Competencia, pero que non supón obrigas para os operadores.
Por iso, non debe sorprendernos que estes días as compañías decidan pasar a cobrar pola liberación dos terminais subvencionados que entregaron aos seus clientes, dar o servizo de balde ou, simplemente, non permitir tal, aínda que sempre será legal que o propio usuario libere o seu terminal a través de servizos de terceiros, posto que o seu único compromiso coa operadora sería a permanencia nun contrato, engadindo dende a CMT que as compañías non poden negar unha portabilidade porque o abonado teña facturas pendentes ou non pagara a penalización por non respectar o compromiso de permanencia.