As penalizacións de permanencia serán proporcionais aos dÃas que queden de contrato
venres, 30 de maio do 2014
O pasado 27 de marzo o Senado aprobou a nova lei de Defensa
dos Consumidores e Usuarios, que entrará en vigor o 13 de xuño, e que, entre as
súas medidas, inclúe unha esixencia histórica dos consumidores, que consiste en
que as penalizacións por non cumprir un compromiso de permanencia dun operador
de telefonÃa móbil deixe de ser unha cantidade fixa arbitraria, e pase a ser
unha cota proporcional
ao número de dÃas que quedan para a finalización do contrato, facilitando
que os usuarios poidan mudar a súa tarifa sen ter que facer fronte a uns cargos
claramente inxustos (ou cuns perÃodos de revisión demasiado grandes).
Esta medida estarÃa a corrixir unha das cláusulas abusivas máis frecuentes nos
contratos de telefonÃa móbil, con casos nos que a penalización por non respectar
a permanencia por ter adquirido un terminal subvencionado chega incluso a
medrar segundo pasaba o tempo, en vez de reducirse como serÃa natural.
Agardemos que en futuras revisións lexislativas continúen a avanzar na mesma
liña, eliminando outros atrancos que teñen os consumidores para exercer a súa
liberdade de elección de operador telefónico.
