As portabilidades telefónicas continúan en ascenso

martes, 7 de abril do 2009 Marcus Fernández

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) publicou os datos relativos á portabilidade de liñas telefónicas no mes de febreiro, destacando que con 113.671 números bateuse un record, aínda que o número de portabilidades de móbil foi bastante superior, con 352.920 números portados no mes, sendo Yoigo, Orange e Vodafone as compañías máis beneficiadas, mentres que Movistar presentou un saldo negativo de 27.324 liñas.
En novas liñas de telefonía móbil, en febreiro contabilizáronse 136.392, conseguindo incrementar Vodafone este concepto un 55% (no último trimestre), seguido polo 25% das OMV, o 15% de Yoigo e o 8%, mentres que Movistar perdeu o 4%.
En total o número de liñas de telefonía móbil de España sería de 51,2 millóns, o que supón un incremento interanual do 3%.
Entre os datos que publicou a CMT non hai que esquecer unha cifra preocupante, pois parece ser que a crise económica estaría a provocar moitas baixas de liñas de telefonía fixa, con 70.098 en febreiro, pertencendo principalmente (65.669) a empresas.