As portabilidades móbiles pasarán de realizarse nun dÃa
martes, 8 de marzo do 2011
A Comisión do
Mercado das Telecomunicacións (CMT) abriu
o trámite de audiencia para analizar a implantación da portabilidade móbil en
só 1 dÃa para atender ás esixencias das novas directivas europeas, o que
queda bastante lonxe dos 5 dÃas actuais que son precisos para mudar de compañÃa
de telefonÃa móbil conservando o número da liña.
A CMT propón que as portabilidades continúen realizándose entre as 2 e as 6 da
madrugada para minimizar as molestias aos usuarios, de xeito que unha
portabilidade solicitada un luns deberÃa estar cursada coma moi tarde o
mércores ás 6 da madrugada.
O sistema de cancelación de portabilidades tamén debe establecerse con bastante
coidado, xa anular unha solicitude de portabilidade é moi habitual en España,
xa que as ofertas realizadas polos operadores de telecomunicacións tenden a
reter aos seus clientes e por iso dende a CMT insisten en que a portabilidade
nun dÃa non é unha obriga para o usuario, senón un dereito, polo que poderÃa
pedir que o proceso sexa efectivo máis adiante.
