As redes 3G adÃan o seu apagamento en España
mércores, 26 de decembro do 2018
A cobertura da telefonÃa móbil 4G non está a avanzar ao ritmo
desexado, o que levarÃa a un adiamento do calendario do sector das telecomunicacións,
que tiña previsto que as redes 3G nas bandas dos 900 e 2.100 MHz puidesen
apagarse en España a finais de 2020, e agora aseguran que este
apagamento poderÃa adiarse ata 2022-2024, en espera á que as redes 4G sexan
unha realidade na totalidade do Estado.
Aseguran que a primeira frecuencia do 3G que dirá adeus será a dos 2.100 MHz,
cando menos no caso de Movistar, Orange e Vodafone, que tamén contan coa banda
dos 900 MHz, mentres que MásMóvil terá que agardar máis en facer tal, por non
contar con frecuencias na banda inferior.
Aparte da cobertura, o parque de teléfonos móbiles tamén xustificarÃa o
adiamento do peche do 3G, xa que moitos teléfonos actuais non contan coa
posibilidade de realizar chamadas empregando a tecnoloxÃa VoLTE, de aà que sexa
prudente agardar algo máis para que os consumidores non se vexan prexudicados
pola modernización tecnolóxica que busca avanzar cara ás novas redes con máis
velocidade de datos e moitas outras posibilidades.
